SANTA E-COMBA
Por que Santa E-Comba
Santa E-Comba naceu dunha idea simple: os comercios do noso municipio compiten hoxe contra plataformas que teñen algo que un pobo pequeno non pode igualar por separado — pero sí unido.
Cando alguén busca en Google “panadaría preto de min” ou “flores para regalo”, queremos que apareza primeiro o comercio do pobo, non un marketplace de fóra que non deixa nada no municipio.
Esta web que estás a ver é unha demo: os comercios que amosa son exemplos, non negocios reais adheridos aínda. O obxectivo desta fase é amosar como funcionaría a plataforma antes de pedir un compromiso real aos comercios do municipio.
O QUE PEDIMOS AO CONCELLO
Unha fase piloto, non un salto á vacío
Financiamento e respaldo institucional para a fase piloto: activar a recollida en tenda con 5-10 comercios reais e validar a demanda antes de investir nunha ruta de reparto propia.